Enzo Sebastián Maqueira, nado en Buenos Aires o 5 de novembro de 1977, é un xornalista arxentino, coñecido profesionalmente como Enzo Maqueira. Formouse en Comunicación Social no Centro de Altos Estudos en Ciencias Exactas de Buenos Aires. Tamén é profesor universitario, editor, músico, actor e escritor de novelas.
Traxectoria
É teclista nunha banda chamada Monstruito. Os seus últimos traballos foron Ruda macho (2010) e El impostor (2011). Participou en importantes publicacións como a Revista Lea, con "La cachiporra de la democracia. Los medios de Comunicación y la estúpida clase media argentina", de Buenos Aires, na edición de decembro de 2004, pola editoral Latinoamericana. Foi editor adxunto da revista Leer e traballou nos medios de impresa e radio. Maqueira tamén é cofundador da publicación Outsider.
Dentro do medio artístico e xornalístico Maqueira é coñecido por interactuar en varios ámbitos, sobre todo actuando e fomentando o xornalismo literario.
Obra
- El Impostor, Ed Lea, Buenos Aires, outubro de 2011.
- Ruda macho, Ed Lea, Buenos Aires, novembro de 2010, 160 páxs.
- Historias de putas, Ed Lea, Buenos Aires, abril de 2008, 150 páxs.
- Cortázar, el perseguidor de la Libertad, Ed Lea. Buenos Aires, abril de 2004. 90 páxs.
- Cortázar, de cronopios y compromiso, Ed Longseller. Buenos Aires, marzo de 2003. 160 páxs.
Véxase tamén
Ligazóns externas