England expects that every man will do his duty (en galego: Inglaterra agarda que cada home cumpra co seu deber) foi un sinal enviado polo Almirante Horatio Nelson, 1º Barón Nelson dende o seu buque insigniaHMS Victory cando a Batalla de Trafalgar estaba a piques de comezar o día 21 de outubro de 1805. Trafalgar foi o combate naval decisivo das Guerras Napoleónicas. Outorgou ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda o control do mar, evitando calquera posibilidade de que o Primeiro Imperio Francés invadise e conquerise Gran Bretaña. Malia que houbo unha gran confusión no tocante ás verbas exactas do sinal despois da batalla, a importancia da vitoria e a morte de Nelson durante a batalla fixeron que a frase ficase gravada na consciencia británica, e foise citada, parafraseada e referenciada en múltiples ocasións até a actualidade.[1]