Enemy at the Gates é un filme bélico dirixido por Jean-Jacques Annaud, que relata a historia de dous francotiradores rivais, na segunda guerra mundial; Vasily Zaitsev polo lado soviético, e König polo lado alemán durante a Batalla de Stalingrado en 1942.
Sinopse
Modesto e reservado, Vasili Zaitsev é un home corrente, o típico campesiño ruso que simplemente cumpre co seu deber coa Nai Patria e está ademais dotado cunha habelencia extraordinaria no tiro co rifle. Ao chegar a Stalingrado, vive en persoa o concepto de "carne de canón".
Non obstante, Danilov, un oficial encargado da propaganda soviética, dáse conta do enorme valor deste modesto pastor e converte o sinxelo soldado dos Urais nun heroe nacional tras salvarlle a vida na praza vermella de Stalingrado.
Tras unha vaga de derrotas a mans dos alemáns, a Unión Soviética está a piques do colapso e a perda de Stalingrado podería asegurar aos alemáns a vitoria final no Cáucaso. O mesmo Iosif Stalin envía a Nikita Khrushchev para supervisar a defensa da cidade. O valente exemplo de Vasili, convenientemente realzado por Danilov, anima as tropas a seguila loita contra dunhas forzas moi superiores e a resistilas a costa dunha enorme perda de soldados. Porén, Danilov mostrará axiña os seus celos do home que creou cando, no medio da guerra, ambos os dous se namoran de Tanya, unha das moitas intrépidas mulleres soldado que loitan ao lado dos homes. Tanya é unha fermosa intérprete rusa do idioma alemán que, perante os dous pretendentes, escolle a Zaitzev como o seu home. Tanya sen querer, desata unha guerra persoal entre Danilov e Zaitsev polo seu amor.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas