Embassy Hill foi un efémero equipo fundado polo dúas veces campión do mundo de Fórmula Un Graham Hill, que competiu como construtor co seu propio chasis na tempada de Fórmula 1 de 1975. O equipo debutou en 1973 e tivo un éxito limitado en tres tempadas de carreiras, pero todo foi truncado pola morte de Graham Hill e o persoal directivo do equipo nun accidente de aviación nunha avioneta no inverno antes da tempada de 1976. O equipo foi patrocinado pola marca de tabaco Imperial TobaccoEmbassy e correu baixo varios nomes durante este tempo.
Historia
Embassy Racing With Graham Hill foi creado cando Graham Hill decidiu abandonar o seu anterior equipo, Brabham, descontento co ambiente alí existente. Anunciou a finais de 1972 que estaba creando o seu propio equipo, en calidade de propietario e piloto.
Logo de asegurarse o patrocinio de Embassy, Hill comezou a correr co seu equipo cos coches comprados a Shadow. As cousas non foron ben ese ano: O mellor resultado do equipo foi noveno en Zolder, sendo o último entre os 9 coches que acabaron (o ex campión do mundo tamén comezou 23º dos 23 coches que comezaron a carreira).
Os chasis de 1974 foron comprados a Lola, ata que en 1975 o equipo debutou o seu propio chasis, o modelo GH1 deseñado por Andy Smallman (que baseouse en gran medida no deseño do coche de Lola do ano anterior).[1]
Desafortunadamente, o debut do GH1 no Gran Premio de España de 1975[2] viuse empañado pola rotura do alerón traseiro de Rolf Stommelen, que lanzou o coche do alemán contra á multitude e matou catro persoas.
Stommelen resultou ferido no accidente e non regresou á competición ata a segunda metade da tempada.
Alan Jones fíxose cargo do segundo coche na maioría das carreira nas que Stommelen estivo de baixa, o australiano logrou o quinto lugar no Gran Premio de Alemaña de 1975.
François Migault e Vern Schuppan foron tamén pilotos do segundo Hill dese ano. Stommelen regresou máis tarde ese ano.
Fin do equipo
Na noite do 29 de novembro de 1975 Graham Hill estaba pilotando unha avioneta Piper Aztec desde Francia a Londres. Os seus pasaxeiros eran o director do equipo Ray Brimble, o piloto do equipo Tony Brise, o deseñador Andy Smallman e os mecánicos Terry Richards e Tony Alcock. Regresaban do Circuíto Paul Ricard onde estiveran probando o coche GH2 que estaban preparando para 1976. Eles debían aterrar no aeródromo de Elstree antes de ir a Londres para asistir a unha festa. Pouco antes de 22:00 a avioneta chocou contra unhas árbores á beira dun campo de golf en Arkley debido á espesa néboa. No choque e explosión que seguiu morreron todos os pasaxeiros.[4][5] Só quedaron vivos o adestrador suplente do equipo e dous mecánicos, polo que era imposible continuar.[6][7]