Elisabeth "Els" Cornelia Vader, nada en Vlissingen o 24 de setembro de 1959 e finada en Culemborg o 8 de febreiro de 2021, foi unha atleta neerlandesa.
Traxectoria
Estaba especializada na proba de 200 metros lisos, na que conseguiu ser medallista de bronce europea en pista cuberta en 1985.[1][2] No Campionato Europeo de Atletismo en Pista Cuberta de 1985 gañou a medalla de bronce nos 200 metros, cun tempo de 23,64 segundos, tras as alemás Marita Koch (ouro con 22.82 segundos) e Kirsten Emmelmann.
Els Vader foi diagnosticada de cancro en 2019, o que a levou á morte o 8 de febreiro de 2021.
Notas