O 14 de marzo de 2004, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por novena vez dende a Transición.
Tralos atentados de Madrid do 11 de marzo, os días previos ás eleccións do domingo 14 estiveron cheos de polémica. Acusacións cruzadas entre goberno e oposicións quentaron os ánimos ata que a xente comezou a concentrarse nas rúas na xornada de reflexión. Feito que foi condenado polo goberno que acusara ó PSOE de organizar manifestacións fronte as sedes do PP. Pola outra banda tanto PSOE como o resto de grupos da oposición acusaran ó goberno de non comunicar toda a información posible e adxudica-la autoría dos atentados de Atocha a ETA, cando logo Al Qaeda se os atribuíu.
Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:
As eleccións do 14-M víanse como unha proba da sociedade ao Partido Popular, que tivera que enfrontarse ao petroleiro Prestige (cunha actuación moi cuestionada), e á involucración de España na guerra de Iraq (feito que contaba coa repulsa da sociedade). Aínda por estes feitos, unha semana antes dos atentados do 11-M o PP tiña unha ampla vantaxe sobre o PSOE, aínda que o PP non volvería a acadar a maioría absoluta do 2000.
Unha semana antes das eleccións, debido á lei electoral que o prohibe, deixáronse de publicar sondaxes electorais; nese momento, cunha elevada porcentaxe de enquisados que se declaraban "indecisos", algúns falaban de empate técnico.
A campaña estivo moi marcada polo pacto do goberno tripartito en Cataluña, e pola reunión de Josep-Lluís Carod-Rovira e dirixentes da ETA. José Luis Rodríguez Zapatero prometeu non formar goberno a menos que o seu partido fose o máis votado. Mariano Rajoy pediu unha maioría cómoda para non ter que depender de pactos.
Enquisas
Resultado 2000
IPSOS-ECO
SIGMA-DOS
Instituto Opina
Demoscopia
Resultado 2004
Partido Popular
183
150-154
153-161
161-166
169
148
Partido Socialista Obrero Español
125
154-158
152-159
140-145
141
164
Convergència i Unió
15
10-12
10-11
10-11
11
10
Esquerra Republicana de Catalunya
1
7-8
6
7-8
6
8
Partido Nacionalista Vasco
7
6-7
7
7-8
7
7
Izquierda Unida
8
9-11
6-7
11-12
9
5
Coalición Canaria
4
3-4
3
3-4
3
3
Bloque Nacionalista Galego
3
2
3
3
2
2
Chunta Aragonesista
1
1
1
-
1
1
Eusko Alkartasuna
1
0-1
1
-
0-1
1
Ipsos-Eco Consulting (TVE), Sigma Dos (Antena 3), Instituto Opina (SER) (7 marzo 2004) [1], Demoscopia (Telecinco)
O 11 de marzo, tres días antes das eleccións, tivo lugar o maior atentado terrorista na historia recente de España e de Europa: os atentados de Madrid. Como consecuencia a estes feitos os partidos políticos suspenderon as súas campañas electorais.
A sombra dos atentados tivo moita influencia para que moitos partidos adquirisen votos, que até aquel momento eran indecisos. Nas sedes do PP, a noite antes da apertura dos colexios electorais, sucedéronse concentracións en contra da política informativa do Ministerio do Interior sobre a autoría dos atentados, nos que o ministerio apuntaba como principal sospeitosa á ETA, existindo outra liña de investigación aberta cara ao terrorismo islámico.
A ministra Ana Palacio, de Asuntos Exteriores, remitiu un memorando a todas as sedes diplomáticas para alentalos a defender a idea da autoría etarra, e o Goberno conseguiu unha declaración de condena explícita a ETA na ONU.
Lemas electorais
Partido Popular: Juntos vamos a más. Foi o partido que máis investiu na campaña, 11,42 millóns de Euros.
As sondaxes realizadas a pé de urna, a votantes que xa depositaran o seu voto, daban diferenzas significativas cos publicados na semana anterior. A maioría das sondaxes a pé de urna, daban como vencedor das eleccións ao Partido Socialista cunha lixeira vantaxe.
O reconto de votos deu ao PSOE un 42,63% dos votos, superando ao PP que obtivo un 37,64%. O PSOE converteuse no partido maioritario do Congreso, aínda que a 12 escanos da maioría absoluta. O PP, pola súa parte, seguiu sendo a forza maioritaria do Senado, aínda que perdeu a maioría do 2000. Izquierda Unida foi a terceira forza máis votada, pero conseguiu menos escanos que Convergència i Unió, PNV e ERC, conseguiron os ascensos que lle prognosticaban as sondaxes.
Centos de militantes convocáronse na rúa Ferraz de Madrid. Zapatero honrou a memoria dos falecidos nos atentados do 11-M, e ante un público maioritariamente mozo, comprometeuse con eles
pronunciando as palabras "No os fallaré". Mariano Rajoy felicitou a Zapatero pola súa vitoria, e afirmou que o PP despedíase do poder "con la tranquilidad del trabajo bien hecho" e "con las cuentas claras".
Senado
O PP conseguiu unha maioría relativa no Senado, aínda que preto da maioría absoluta. Con todo, perdeu 25 senadores e o PSOE gañou 28. Os resultados foron.