Eladio de Lema Martín, nado en Vigo en 1853 e finado na mesma cidade o 5 de outubro de 1928[1], foi un editor e político galego.
Traxectoria
Fillo de Ángel de Lema Marina, propietario do Faro de Vigo, sucedeu ao seu pai na dirección do periódico en 1881. Afiliado ao Partido Conservador, primeiro seguindo a José Elduayen e despois a Gabino Bugallal, foi concelleiro de Vigo, deputado provincial e en 1921 foi elixido senador pola provincia de Pontevedra.
Os seus restos repousan no Cemiterio de Pereiró.
Vida persoal
Casou con Mercedes Rubido e foi pai de Ángel, Mercedes e Josefina.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas