El lado oscuro del corazón é unha película arxentina, de produción arxentino-canadense, estreada o 21 de maio de 1992. Os textos de Mario Benedetti, Juan Gelman e Oliverio Girondo, intercalados na historia, fano un filme esencial, interesante, intenso e liberador.
Sinopse
Oliverio, un poeta bohemio, percorre Buenos Aires cos seus amigos, acosado pola morte, buscando unha muller capaz de "voar". No transcurso da película, a poesía entremestúrase cos lugares máis espesos do cotián artístico arxentino e uruguaio. Desde o asado, até os maltreitos bares Bos Aires e Montevideo.
A historia desenvólvese nas idas e vidas de Oliverio, a través do seu mundo, no cal, cambiar asados por poesía, ou pedir en verso polas rúas, ver a Mario Benedetti recitando os seus poemas en alemán, ver esculturas de falos e órganos femininos, falar con vacas, parecen ser parte dun día calquera na vida dun poeta.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas