Edgar Chagwa Lungu, nado en Ndola o 11 de novembro de 1956, é un avogado e político zambiano que foi presidente de Zambia, desde o 25 de xaneiro de 2015 até o 24 de agosto de 2021.
Carreira política
Inicialmente uniuse ao Partido Unido para o Desenvolvemento Nacional, pero logo cambiouse á Fronte Patriótica, fundada por Michael Sata.
Durante a presidencia de Sata, Lungu desempeñouse como Ministro de Relacións Exteriores, Defensa e Xustiza. Tras a morte de Sata en outubro de 2014, Lungu converteuse no candidato da Fronte Patriótica para as eleccións presidenciais en xaneiro de 2015. Venceu por escasa marxe ao candidato opositor Hakainde Hichilema.
Presidencia
Edgar Lungu xurou o seu cargo de presidente de Zambia o 25 de xaneiro de 2015 no Estadio dos Heroes Nacionais da capital, Lusaka.[1]
Foi reelixido para cumprir un mandato completo de cinco anos en agosto de 2016, derrotando novamente a Hichilema por unha estreita marxe.[2]
Lungu contraeu matrimonio con Esther Lungu, son pais de 6 fillos.[3]
Notas
Véxase tamén