Eden Alene (en hebreo: עדן אלנה; amhárico: ኤደን አለነ), nada o 7 de maio de 2000 en Xerusalén, é unha cantante israelí de ascendencia xudía etíope. Após gañar a sétima tempada do concurso de canto HaKokhav HaBa, foi elixida para representar Israel no Festival de Eurovisión 2020, que se ía celebrar en Rotterdam, nos Países Baixos.[1] Trala cancelación do evento por mor da pandemia por coronavirus, confirmouse que fora elixida de novo de xeito interno para representar o seu país na edición de Eurovisión de 2021.[2]
Notas