Beta Israel

Beta Israel (בֵּיתֶא יִשְׂרָאֵל)
Xudeus etíopes
Un neno Beta Israel en 2005
Poboación
Poboación total:
150 000
Rexións principais:
Etiopía Etiopía4 000 [1]
Israel138 200[2]  (2014)
1,75% da poboación de Israel > 2,15% dos xudeus de Israel
Estados Unidos de América Estados Unidos1 000 [3]
Aspectos culturais
RelixiónXudaísmo e cristianismo
Grupos
relacionados
outros grupos xudeus.

Os Beta Israel (hebreo: בֵּיתֶא יִשְׂרָאֵל, Beyte (beyt) Yisrael; ge'ezቤተ እስራኤል, Bēta 'Isrā'ēl}}[4][5]), tamén coñecidos como os xudeus etíopes (hebreo: יְהוּדֵי אֶתְיוֹפְּיָה: Yehudey Etyopyah; Ge'ez: የኢትዮጵያ አይሁድዊ, ye-Ityoppya Ayhudi) ou falashas (Ge'ez ፈላሻ, hebreo: פלאשים), son unha comunidade de xudeus que viviron e se desenvolveron durante séculos na área do Reino de Axum e no Imperio etíope, hoxe dividido nas rexións etíopes de Amhara e Tigray. Moitos deles emigraron a Israel durante o século XX.[6]

O termo falasha non adoita utilizarse polos xudeus etíopes que prefiren a forma Beta Israel. Significa en lingua amhárica "exiliados" ou "inmigrados", e polo habitual considerase como pexorativo. En varias rexións de Etiopía tamén adoitan utilizar os termos kayla e esra'elawi (israelita). Trala emigración a Israel, o termo Beta Israel comezou a ser substituído, polo de xudeus etíopes.[7] ou simplemente por etiopim ("Etíopes").

Este pobo vivía nas rexións norte e noroeste de Etiopía, en máis de 500 pequenos poboados repartidos por un amplo territorio, xunto a poboacións que eran musulmáns e principalmente cristiáns.[8] Moitos deles estaban concentrados nunha área arredor do lago Tana, na rexión de Gondar.

En 1975, o goberno de Israel recoñeceu a condición de xudeus dos Beta Israel. Isto deu lugar a unha difícil emigración ata Israel durante os anos 1980 e 1990, especialmente co establecemento dunha ponte aérea. En 2009, formaban parte desta comunidade preto de 110.000 persoas.[9] en Israel, e no 2014, o número aumentou a 138.200[2].

Notas

  1. "‘Wings of the Dove’ brings Ethiopia’s Jews to Israel". The Jerusalem Post - JPost.com. Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "The Ethiopian Population in Israel 09.11.15". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 06 de febreiro de 2018. 
  3. Mozgovaya, Natasha (2 de abril de 2008). "Focus U.S.A.-Israel News – Haaretz Israeli News source". Haaretz.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de decembro de 2010. 
  4. Na súa forma moderna Bēte 'Isrā'ēl, EAE: "Betä Ǝsraʾel", "Casa de Israel" ou "Comunidade de Israel"
  5. Para o significado da palabra Beta no contexto socio-relixioso desta comunidade, vexa James Quirin, The Evolution of the Ethiopian Jews, 2010, p. xxi
  6. Weil, Shalva (1997) "Collective Designations and Collective Identity of Ethiopian Jews", in Shalva Weil (ed.) Ethiopian Jews in the Limelight, Jerusalem: NCJW Research Institute for Innovation in Education, Hebrew University, pp. 35–48. (Hebrew)
  7. Lisa Anteby-Yemini, Les juifs éthiopiens en Israël, p. 25.
  8. Weil, Shalva. (2012) "Ethiopian Jews: the Heterogeneity of a Group", in Grisaru, Nimrod and Witztum, Eliezer. Cultural, Social and Clinical Perspectives on Ethiopian Immigrants in Israel, Beersheba: Ben-Gurion University Press, pp. 1–17.
  9. Ruth Eglash (17 de abril de 2009). "Key Ethiopian advocacy group in danger". Jerusalem Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 06 de abril de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos