Edam é unha cidade no noroeste dos Países Baixos, na provincia de Holanda Setentrional. Xunto con Volendam, Edam forma o concello de Edam-Volendam. Conta cunha poboación de 7 380 persoas. O concello enteiro de Edam-Volendam ten 28 492 habitantes. O nome de Edam provén do encoro do pequeno río E ou IJe, onde se atopaba o primeiro asentamento.
Edam é famoso como o lugar de orixe do queixo co mesmo nome.