Edward James "Ed" Begley, Sr., nado en Hartford (Connecticut) o 25 de marzo de 1901 e finado en Hollywood (California) o 28 de abril de 1970, foi un actor estadounidense.[1]
Traxectoria
Begley naceu en Connecticut, fillo dos inmigrantes irlandeses Hannah Clifford e Michael Joseph Begley.[2][3][4] Despois de abandonar o colexio escapou varias veces da casa para traballar en "carnavais, feiras e pequenos circos."[5] Tamén vendeu cepillos, repartiu leite e serviu na mariña.[5]
Comezou a súa carreira artística como actor de radio e de teatro en Broadway na súa adolescencia. A finais da década de 1940 comezou a aparecer en papeis secundarios no cinema e comezou na televisión en 1952. En 1962 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por Doce paxaro de xuventude (1962).
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas