Economía dos Estados Federados de Micronesia
|
Moeda
|
Dólar americano
|
Datos estatísticos Fonte:CIA Arquivado 07 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
|
PIB
|
US$ 277 millóns (2002)
|
PIB (posición)
|
212ª no mundo
|
% de crecemento PIB
|
0,3% (2002)
|
PIB per cápita
|
US$ 2300 (2002)
|
PIB por sector
|
agricultura 28,9%, industria 15,2%, comercio e servizos 55,9% (2004)
|
Inflación anual
|
2,2%
|
Poboación abaixo da liña da pobreza
|
Dato non dispoñíbel
|
Total da forza de traballo
|
37 410
|
% traballadores por sector
|
agricultura 0,9%, industria 34,4%, comercio e servizos 64,7% (2000)
|
Desemprego
|
22% (2000)
|
Parcerías comerciais [1] Arquivado 07 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
|
Exportacións (US$)
|
14 millóns f.o.b. (2004)
|
Principais mercados
|
Xapón, Estados Unidos, Guam (2006)
|
Importacións (US$)
|
132,7 millóns (2004)
|
Principais parceiros
|
Estados Unidos, Xapón, Hong Kong (2006)
|
Finanzas públicas [2] Arquivado 07 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
|
Débeda externa
|
US$ 60,8 millóns (2005)
|
Receitas (US$)
|
127,3 millóns (2005)
|
Despesas (US$)
|
144,2 millóns (2005)
|
Axuda económica recibida (US$)
|
100 millóns (2002)[1]
|
A economía dos Estados Federados de Micronesia consiste principalmente na agricultura e pesca de subsistencia[1]. As illas teñen poucas minerías explotables, agás os fosfatos. Existe potencial para o turismo, pero a localización remota, a falta de instalacións adecuadas e as poucas liñas aéreas que serven o arquipélago dificultan o desenvolvemento[1]. Polos termos orixinais do Pacto de Libre Asociación, os Estados Unidos forneceron con 1,3 mil millóns de dólares en axuda durante o período 1986-2001, despois o nivel de axuda reduciuse[1]. As perspectivas de medio prazo da economía do país parecen fráxiles debido á redución da axuda dos EEUU e tamén debido á actual redución do crecemento do sector privado[1].
Os Estados Federados da Micronesia son un país que non posúe leis sobre patentes[2].
Notas