Porén, a súa pertinencia fora suxerida xa hai máis dun século, xa que os grupos que corresponden aproximadamente aos ecdisozoos foran propostos xa por Edmond Perrier en 1884,[3] e por Léon Gaston Seurat en 1920,[4] baseándose só na morfoloxía.
Etimoloxía
O termo Ecdysozoa está formado polos elementos do latín científicoecdys- e -zoa, tirados das raíces das palabras do grego antigo ἐκδύω ekdýō 'espir', 'despoxar' e ζώον zoon 'animal', cun -o- intercalado para facilitar a pronuncia, e rematado co sufixo -a, indicando substantivo neutro plural. Literalmente: 'os animais que medran mediante mudas'.
Apoios e discrepancias
Un amplo estudo publicado en 2008 por Dunn et al. apoia firmemente a suxestión de que os ecdisozoos constitúen un clado, é dicir, un grupo composto por un atepasado común e todos os seus descendentes.[5]
O grupo tamén está apoiado nos caracteres morfolóxicos e pode considerarse que inclúe a todos os animais que mudan o seu exoesqueleto (écdise).
Pero o clado foi contestado por unha significativa minoría de biólogos. Algúns propuxeron grupos baseados nas técnicas taxonómicas máis tradicionais,[6] mentres que outros impugnaron a interpretación dos datos moleculares.[7][8]
Por tanto, o recoñecemento dos ecdisozoos como supergrupo dentro dos protóstomos non foi aceptado por todos os zoólogos, reticentes a adoptar un cambio tan drástico na clasificación dos animais. Non hai acordo xeral sobre a monofilia dos ecdisozoos, aínda que recentes análises cladísticos parecen demostrala.
A partir da análise conxunta de datos morfolóxicos e moleculares
de Zrzavý et al. (1998),[9] as relacións filoxenéticas dos ecdisozoos serían as seguintes:
↑Aguinaldo, A. M. A.; J. M. Turbeville, L. S. Linford, M. C. Rivera, J. R. Garey, R. A. Raff, & J. A. Lake (1997). "Evidence for a clade of nematodes, arthropods and other moulting animals". Nature387 (6632): 489–493. PMID9168109. doi:10.1038/387489a0.
↑
Seurat, Léon Gaston (1920): Histoire naturelle des Nématodes de la Berbérie. Première partie. Morphologie, développement, éthologie et affinités des nématodes. Alger: Impr. de S. Stamel.
↑Wägele, J. W.; T. Erikson, P. Lockhart, & B. Misof (1999). "The Ecdysozoa: Artifact or monophylum?". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research37: 211–223.
↑Zrzavý, J., Mihulka, S., Kepka, P., Bezdék, A. & Tietz, D. (1998): "Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence". Cladistics, 14 (3): 249-285.
Lake, J. A. et al. (1997): "Evidence for a clade of nematodes, arthropods and other moulting animals. Nature387: 489-93. doi10.1038/387489a0
Garey, J. R. (2001): "Ecdysozoa: the relationship between Cycloneuralia and Panarthropoda". Zoologischer Anzeiger, 240: 321-330.
Park, J.-K.; Rho, H. S.; Kristensen, R. M.; Kim, W. & Giribet, G. (2006): "First Molecular Data on the Phylum Loricifera – An Investigation into the Phylogeny of Ecdysozoa with Emphasis on the Positions of Loricifera and Priapulida". Zoological science, 23: 943-954. doi10.2108/zsj.23.943
Petrov, N. B. & Vladychenskaya, N. S. (2005): "Phylogeny of protostome moulting animals (Ecdysozoa) inferred from 18 and 28S rRNA gene sequences. Molecular biology (Moscova), 39 (4): 590-601.
Podsiadlowski, L.; Braband, A. & Mayer, G. (2008): "The complete mitochondrial genome of the onychophoran Epiperipatus biolleyi reveals a unique transfer RNA set and provides further support for the Ecdysozoa hypothesis". Molecular biology and evolution, 25 (1): 42-51. [1]
Sørensen, M. V.; Hebsgaard, M. B.; Heiner, I.; Glenner, H.; Willerslev, E. & Kristensen, R. M. (2008): "New data from an enigmatic phylum: evidence from molecular sequence data supports a sister-group relationship between Loricifera and Nematomorpha". Journal of zoological systematics and evolutionary research, 46: 231-239. doi10.1111/j.1439-0469.2008.00478.x