Articulados (protóstomos)

Articulados
Articulata
Esquerda, Miriápodo - Dereita, Poliqueto

Anélido
Anélido

Clasificación científica
Reino: Animalia
(sen clasif.) Articulata
Cuvier, 1817

O dos articulados (Articulata) é un grupo taxonómico clásico de rango superior que agrupa os filos dos anélidos e os artrópodos.

Foi proposto por Georges Cuvier en 1812,[1] e aceptado sen problemas durante case 200 anos.

As análises cladísticos modernos chegaron, porén, a conclusións contraditorias.

Algúns autores, como Nielsen et. al.,[2] corroboraron a existencia do clado dos Articulata. De maneira esquemática:

Acoelomata

Pseudocoelomata

Coelomata

Deuterostomia

Mollusca

Articulata

Annelida

Arthropoda

Pero cada vez máis estudos, tanto morfolóxicos (Eernise et al.),[3] como moleculares (Giribet & Ribera),[4] e de datos combinados (Zrzavý et al.).[5] están chegando á conclusión de que anélidos e artrópodos non están directamente relacionados.

A presenza de metamerización en anélidos e artrópodos debería considerarse, pois, como unha converxencia evolutiva. Pola contra, estes estudos propoñen o clado dos ecdisozoos (Ecdysozoa), no que os artrópodos mostran estreitas relacións filoxenéticas con grupos de pseudocelomados, como nematodos, nematomorfos, priapúlidos e quinorrincos, pola presenza compartida dunha cutícula quitinosa e un proceso de muda (écdise) da mesma.

Os anélidos estarían emparentados con grupos que, como eles, tamén posúen larvas trocóforas (clado Trochozoa), como os moluscos, sipuncúlidos, equiúridos e entoproctos. De forma esquemática, a hipótese alternativa aos Articulata sería:

Deuterostomia

Protostomia
Ecdysozoa

Pseudocoelomata

Arthropoda

Acoelomata

Trochozoa

Annelida

Mollusca

Notas

  1. ↑ Cuvier, G. (1812): "Sur un nouveau repprochement à establir entre les classes qui composant le Règne Animal". Ann. Mus. Hist., 19: 73-84.
  2. ↑ Nielsen, C.; Scharff, N. & Eibye-Jacobsen, D. (1996): "Cladistic analyses of the animal kingdom". Biol. J. Linnean Soc., 57: 385-410.
  3. ↑ Eernisse, D. J.; Albert, J. S. & Anderson, F. E. (1992): "Annelida and Arthropoda are not sister taxa: A phylogenetic analysis of spiralian metazoa morphology". Syst. Biol., 41: 305-330.
  4. ↑ Giribet, G. & Ribera, C. (1998): "The position of arthropods in the animal kingdom: A search for a reliable outgroup for internal arthropod phylogeny". Mol. Phylog. Evol., 9: 481-488.
  5. ↑ Zrzavý, J., Mihulka, S., Kepka, P., Bezdék, A. & Tietz, D. 1998. Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence. Cladistics, 14(3): 249-285.