Dúas mulleres (en italiano: La ciociara) é un filme italiano de 1960 baseada na novela de 1957 La ciociara, escrita por Alberto Moravia.[1] Narra a historia dunha muller que intenta protexer a súa filla dos horrores da segunda guerra mundial; foi dirixida por Vittorio De Sica e protagonizada por Sophia Loren, Jean-Paul Belmondo, Raf Vallone, Eleonora Brown, Carlo Ninchi e Andrea Checchi.
Foi emitido na TVG o 21 de febreiro de 1992.[2]
Argumento
A historia xira arredor de Cesira (Sophia Loren) e a súa filla Rosetta (Eleonora Brown) durante o avance das tropas aliadas pola Península Itálica. Michele (Jean-Paul Belmondo), intelectual comunista co que establecen relación, é capturado polos alemáns. No seu intento por volver a Roma, refuxiadas nunha igrexa, madre e filla son violadas por goumiers das tropas coloniais francesas durante as chamadas Marocchinate.
Elenco
- Sophia Loren .... Cesira
- Jean-Paul Belmondo .... Michele Di Libero
- Eleonora Brown .... Rosetta
- Carlo Ninchi .... Filippo
- Raf Vallone…Giovanni
- Andrea Checchi .... un fascista
- Pupella Maggio
- Emma Baron .... Maria
- Bruna Cealti
- Antonella Della Porta
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas