R/: As 43 derradeiras palabras do Discurso de Gettysbourg, rodeadas por coroa de loureiro. No exergo, pergamiño coa sinatura de Lincoln. Marca de gravador (PH).
Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / ONE DOLLAR / E PLURIBUS UNUM
Pola súa banda, o reverso, obra da gravadora da US MintPhebe Hamphill, reproduce as 43 derradeiras palabras do famoso Discurso de Gettysbourg, pronunciado por Lincoln durante a Guerra Civil, o 19 de novembro de 1863: WE HERE / HIGHLY RESOLVE / THAT THESE DEAD / SHALL NOT HAVE DIED / IN VAIN - THAT THIS / NATION, UNDER GOD, / SHALL HAVE A NEW / BIRTH OF FREEDOM - AND / THAT GOVERNMENT OF / THE PEOPLE, BY THE / PEOPLE, FOR THE / PEOPLE, SHALL NOT / PERISH FROM THE EARTH ("Resolvemos que estes mortos non morreron en van; que esta nación, baixo Deus, ha ter un renacemento de liberdade, e que o Goberno do pobo, polo pobo, para o pobo, non desaparecerá da Terra". O discurso aparece rodeado por unha coroa de loureiro. Na parte inferior, un pergameo ten inscrita a sinatura de Lincoln, así como o valor facial da moeda e o lema E PLURIBUS UNUM; e na parte superior a lenda indica o nome do país emisor.[2][3]
Produción e comercialización
A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares.[1] A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e a emisión estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 12 de febreiro de 2009, coincidindo coa data exacta do 200 aniversario do Nacemento de Lincoln.[2][3]
A súa produción foi de 127.710 moedas na súa condición estándar e 372.224 en versión con acabamento especial (proof) o que fai un total de 499.934 exemplares.[3][4]
Consonte a lei que autorizou o dólar de prata conmemorativo do bicentenario de Abraham Lincoln, o beneficio acadado pola súa venda foi destinado á Comisión do Bicentenario de Abraham Lincoln, para mromover o traballo de planificación da súa celebración e o estudo continuo da vida de Lincoln.[2][3]