Día da Ciencia en Galego

Día da Ciencia en Galego
Editatón en Lugo dentro dos actos do Día da Ciencia en Galego no 2014.
Tipohomenaxe, premio e data
PropósitoHomenaxear a científicos de todo o mundo que fixeron achegas á ciencia universal, e a científicos galegos ou que contribuíron á ciencia desde a lingua galega.
Data de fundación2010
Fundador(es)Sindicatos e asociacións de profesorado de educación secundaria galegos.
Nomeado en referencia aDía Internacional segundo as Nacións Unidas, aínda que non sempre se celebre no mesmo día.
PaísGaliza
editar datos en Wikidata ]

O Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galiza, no que o pobo galego fai un fincapé especial en resaltar máis aló das fronteiras o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal.

Historia

O Día da Ciencia en Galego celebrou a súa primeira edición en 2010, promovido por sindicatos e asociacións de profesorado de ensino medio, como parte da contestación ao Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia[1] que obrigaba a impartir as aulas de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e química en español. Así, no encontro "Sumemos en galego" celebrado en xuño de 2010 en Compostela, no que participou profesorado destas materias convocados pola CIG-Ensino e a Plataforma Queremos Galego, tomouse, entre outros, o acordo de promover "unha semana da ciencia galega e un día da ciencia galega".[2]

Edicións

I Día da Ciencia en Galego (2010)

Tema: Matemáticas

Homenaxeados: Ramón María Aller Ulloa; Afonso X o Sabio; James Clerk Maxwell

II Día da Ciencia en Galego (2011)

Temas: A muller na ciencia; a Química

Homenaxeadas: Marie Curie; María Wonenburger

III Día da Ciencia en Galego (2012)

Tema: Tecnoloxía

Homenaxeados: Ramón Verea; Leonardo da Vinci

IV Día da Ciencia en Galego (2013)

Tema: a Arte

Homenaxeados: Isaac Díaz Pardo; Florence Nightingale; Richard Buckminster Fuller

V Día da Ciencia en Galego (2014)

Tema: os sensores; a Física

Homenaxeados: Xosé Rodríguez González; Isaac Newton

VI Día da Ciencia en Galego (2015)

Temas: A luz; os solos

Homenaxeados: Max Planck; Christiaan Huygens; Isidro Parga Pondal; Carlos Gómez-Reino Carnota

VII Día da Ciencia en Galego (2016)

Temas: Bioloxía, os legumes.

Homenaxeados: Mendel, Cruz Gallástegui Unamuno.

VIII Día da Ciencia en Galego (2017)

Temas: Viaxes pola Ciencia, viaxe do Beagle, Carta xeométrica de Galicia .

Homenaxeados: Charles Darwin, Domingo Fontán.

IX Día da Ciencia en Galego (2018)

Temas: Cultura científica, cultura galega, Patrimonio cultural europeo.

Homenaxeados: Arquímedes, mestre Mateu.

X Día da Ciencia en Galego (2019)

Temas: A lingua celta coma lingua indíxena de Galicia, Ano internacional das linguas indíxenas. A Táboa Periódica. Ano Internacional da Táboa Periódica.[3]

Homenaxeados: Noam Chomsky e Manuel Murguía. Mendeleiev e Luís Liz Marzán.

XI Día da Ciencia en Galego (2020)

Temas: A saúde

Homenaxeados: Robert Koch e Ernesto Viéitez Cortizo

XII Día da Ciencia en Galego (2021)

Temas: Ano internacional da economía creativa para un desenvolvemento sostible, a IA e os novos poliedros.

Homenaxeados: Alan Turing e Tarsy Carballas

XIII Día da Ciencia en Galego (2022)

Temas: Ano das ciencias básicas para un desenvolvemento sostible, a Oceanografía, Simetría, Meteoroloxía.

Homenaxeados: Évariste Galois e Ángeles Alvariño González

XIV Día da Ciencia en Galego (2023)

Temas: Saúde para todos

Homenaxeados: Alexander Fleming e Domingo García-Sabell[4]

XV Día da Ciencia en Galego (2024)

Temas: Astronomía

Homenaxeados: Galileo Galilei e Enrique Vidal Abascal[4]

Notas

  1. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.es. Consultado o 2015-11-07. 
  2. "Sumemos en galego: continuaremos a dar as aulas na nosa lingua" (PDF). Xuño de 2010. Consultado o 07/11/2015. 
  3. "O dia da Ciencia en Galego 2018 . IX día da Ciencia en Galego". www.cienciaengalego.org. 10 de marzo de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "XIV día da Ciencia en Galego". cienciaengalego.org. 30 de novembro de 2023. Consultado o 18 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Villares Naveira, Luís (2010). Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo. Laiovento. ISBN 84-8487-189-4. 
  • Díaz-Fierros Viqueira, Francisco; Mariño Alfonso, Xurxo (2012). Escribir de ciencia en galego. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-36-6. 

Outros artigos

Ligazóns externas