Dámaso Ledesma Hernández, nado en Ciudad Rodrigo o 3 de febreiro de 1866 e finado en Salamanca o 13 de xuño de 1928, foi un relixioso, investigador e musicólogo español.
Traxectoria
Estudou no seminario de Ciudad Rodrigo, e foi ordenado sacerdote en 1889. Formouse como músico profesional e foi organista na catedral de Salamanca a partir de 1896.
Colaborou na confección do Cancionero Salmantino, publicado en 1907, e foi un dos investigadores máis amplamente recoñecidos da música popular tradicional salmantina, coñecido como "folklore charro". Compuxo o "Himno a Ciudad Rodrigo" para coros e orquestra, estreado no Teatro Nuevo. Compuxo tamén o pasodobre “Bienvenida” para el ganadero Antonio Pérez Sanchón Tabernero[1].
En 1906 foi nomeado académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando[2].
En 1977 creouse a Coral Mirobrigense Dámaso Ledesma[3].
Notas