Drink Hunters é un grupo de música catalán procedente de Barcelona e arredores. A súa música é unha mestura de punk rock, hardcore punk, música tradicional e música celta con melodías e instrumentos tradicionais como o tin whistle ou o violín. Este estilo musical é comunmente chamado celtic punk ou folk punk. As súas letras, cantadas en inglés, tratan temas diversos, aínda que toman protagonismo a denuncia social, diversos feitos históricos e a bebida e a festa.
Historia
Drink Hunters, naceu na cidade de Barcelona o 2008 cando Pau (batería e coros) e Aaron (baixista e vocalista) decidiron emprender o camiño do Celtic punk. Estes falaron da idea con Raja (guitarrista e coros) para crear os alicerces do proxecto que tiñan en mente. Só faltaban os elementos que cargarían o seu enérxico punk rock con toques folclóricos irlandeses e para iso contactaron con Nando (violín) e Rosa (acordeón diatónico). A principios do 2013 ficharon a Isra (irish tin whistle) que se engadiu á formación actual.
No 2010, lograron gravar o seu primeiro EP, o cal foi completamente autoproducido.
No 2010 ficharon polo selo "Discos Rayados" e a finais dese mesmo ano tiveron a oportunidade de aparecer no recompilatorio "Whiskey Devils a tribute to The Mahones" versionando o tema "Take no Prisoners".[1]
A finais do 2011, presentaron o seu primeiro álbum de 13 cancións "With my Crew" o cal os axudou a obter varios concertos e recoñecemento fóra de Cataluña e da Península Ibérica.[2]
En marzo do 2012 participaron nun recompilatorio de Paddy Rock (Paddy Rock Vol. 4) co tema "With my Crew" xunto a outros grupos como The Mahones ou The Rumjacks.[3]
O ano 2014 presentaron o seu último álbum chamado "Lurking behind the woods" que máis tarde mostraron na súa primeira xira europea pasando por Francia, Italia, Alemaña, Eslovaquia e República Checa.[4][5][6]
Ese mesmo ano presentaron o seu primeiro videoclip do tema do seu novo disco "The Big Fella".[7]
Drink Hunters compartiu escenario con bandas como: The Real Mckenzies, Mad Caddies, Pipes and Pints, The Dreadnoughts, La Plebe, Blowfuse, Freygolo, Bastards on Parade, Skontra, Brutus Daughters, entre outros.
Membros
Antigos membros
Discografía
- I love whisky I love beer - Maqueta, 2009
- Drinking Song
- It's in your hands
- Warrior Souls
- In my Head
- With my Crew - Álbum, 2012
- Welcome to Happiness
- It's in your hands
- I don't need you
- Fucking cops
- All night drunk
- With my Crew
- Drinking Song
- Scum
- In your paradise
- She was
- In my head
- Warriors Souls
- Molly never sleeps alone
- Lurking behind the Woods - Álbum, 2014
- Intro: Lurking behind the Woods
- Speciecism
- Breogan's Descendents
- Party at Paul's house
- Speak more than a Fucking Politician
- The Big Fella
- Kill the King
- The Hunter Song
- Rolling Down
- Just Tomorrow
- Second Chance
- The Same Story
- Stupid Trends
- Nasty Dictator
Colaboracións
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas