Dragon Ball GT: Final Bout, coñecido en Europa e no Xapón como Dragon Ball: Final Bout (ドラゴンボール ファイナルバウト, Doragon Bōru Fainaru Bauto?), é un videoxogo de loita para a PlayStation. O xogo foi desenvolvido por TOSE e distribuído por Bandai no Xapón, Europa e América do Norte en 1997, sendo o primeiro lanzamento en América do Norte dun videoxogo de Dragon Ball.
Malia que o título norteamericano fai referencia á serie anime Dragon Ball GT, a historia do xogo non ten correlación directa con Dragon Ball GT, sendo os personaxes xogables unha mestura de personaxes de Dragon Ball GT e da súa serie predecesora Dragon Ball Z.[2] A serie de anime Dragon Ball GT non foi lanzada en América do Norte até comezos dos anos 2000. As críticas sobre o xogo foron en gran parte negativas.
O xogo foi reeditado en Europa en 2002 (e traducido a outros idiomas) e en América do Norte en 2004. O xogo comparte a distinción de ser o primeiro xogo de Dragon Ball que se renderizou completamente en 3D e o último xogo de Dragon Ball producido para PlayStation. Non habería outro xogo de Dragon Ball para consolas ata o lanzamento de Dragon Ball Z: Budokai en 2002.
Acollida
No Xapón, o xogo vendeu 245 000 unidades.[9] En América do Norte, debido a que Dragon Ball non era popular na rexión daquela, Bandai America só produciu 10 000 copias do xogo.[10]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos