Dorian Gray é un filme británico dirixido por Oliver Parker que se estreou no 2009. Baséase no libro de Oscar Wilde The Picture of Dorian Gray (1890).
Sinopse
Dorian Gray (Ben Barnes) é un xove aristócrata moi atractivo que, despois de ter pasado unha mocidade solitaria no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, somérxese nela da mano de Lord Henry Wottom (Colin Firth), que o conduce ós antros máis recónditos e sórdidos da cidade. Ó rapaz fascínalle o estilo de vida decadente e amoral de Wotton. Por outra banda, a súa obsesión por acadar a eterna xuventude, lévao a facer un pacto endiañado: el manterase sempre xove, pero as pegadas do paso do tempo e das súas terríbeis accións, reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo pintor Basil Hallward (Ben Chaplin).
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2009: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.
Véxase tamén
Ligazóns externas