Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Don Juan.
Il dissoluto punito ossia il Don Giovanni (en galego O libertino castigado ou Don Xoán) é unha ópera en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado no personaxe literario de Don Juan.
Historia
Foi estreada no Teatro da Ópera Italiana de Praga (actualmente denominado Teatro Estatal de Praga) o 29 de outubro de 1787[2] baixo a batuta do propio compositor. O libreto de Da Ponte foi considerado por moitos na época como dramma giocoso, un termo que denota unha mestura de acción cómica e seria. Mozart incluíu a obra no seu catálogo como "opera buffa". Aínda que ás veces sexa clasificada como cómica, mestura comedia, melodrama e elementos sobrenaturais.
Como obra destacada do repertorio operístico estándar, aparece como o número sete na lista Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo,[3] e a terceira de Mozart. Foi ademais un tema moi froitífero para escritores e filósofos.
Instrumentación
Personaxes
Personaje
|
Tesitura
|
Elenco da estrea mundial o 29 de outubro de 1787[4] Director: Wolfgang Amadeus Mozart
|
Elenco na estrea en Viena o 7 de maio de 1788[5] Director: Wolfgang Amadeus Mozart
|
Don Giovanni, un xove nobre extremadamente licencioso
|
barítono
|
Luigi Bassi
|
Francesco Albertarelli
|
Leporello, servinte de Don Giovanni
|
baixo
|
Felice Ponziani
|
Francesco Benucci[6]
|
Il Commendatore (Don Pedro)
|
baixo
|
Giuseppe Lolli
|
Francesco Bussani
|
Donna Anna, fixa, prometida de Don Ottavio
|
soprano
|
Teresa Saporiti
|
Aloysia Weber[7]
|
Don Ottavio
|
tenor
|
Antonio Baglioni
|
Francesco Morella
|
Donna Elvira, unha dama de Burgos abandonada por Don Giovanni
|
soprano
|
Katherina Micelli
|
Caterina Cavalieri[8]
|
Masetto, un campesiño
|
baixo[9]
|
Giuseppe Lolli
|
Francesco Bussani
|
Zerlina, prometida de Masetto
|
soprano
|
Caterina Bondini[10]
|
Luisa Mombelli
|
Coro: campesiños, servintes, damas, músicos, demos
|
Notas
Véxase tamén