O dominio real francés (en francésDomaine royal), tamén coñecido como terras da coroa ou patrimonio da coroa de Francia refírese ás terras, feudos e dereitos directamente posuídos polos reis de Francia.[1][2][3]
Mentres que o termo terras da coroa de Francia acabou refiríndose a unha unidade territorial, o dominio real francés orixinariamente referíase á rede de "castelos, aldeas, leiras, bosques, cidades, casas de relixión e bispados, e os dereitos de xustiza, portádegos e impostos" efectivamente ostentados polo rei ou baixo o seu dominio.[4]
En termos de territorio, antes do reinado de Henrique IV, o domaine royal non abarcaba a totalidade do territorio do Reino de Francia, e durante a maior parte da Idade Media significativas porcións do Reino eran posesión directa doutros señores feudais.
Nos séculos X e XI, os primeiros capetos —sendo reis de Francia— estiveron entre os menos poderosos dos grandes señores feudais de Francia en termos do territorio posuído. Pacientemente, a través do uso da lei feudal (e, en particular, a confiscación de feudos de vasalos rebeldes, a conquista, a anexión, hábiles matrimonios con herdeiras de grandes feudos, e incluso por compra), os reis de Francia puideron incrementar o seu dominio real. Na época de Filipe IV, o significado de "dominio real" comezou a pasar de ser unha mera colección de terras e dereitos a unha unidade territorial fixa,[5] e no século XVI o "dominio real" comezou a coincidir con todo o territorio do Reino. Porén, o sistema medieval de apanaxe (unha concesión dun feudo cos dereitos das terras polo soberano aos seus fillos menores (non aos delfíns, que revertería á coroa ao extinguirse a liña masculina descendente do titular orixinal) alleou amplos territorios do dominio real e ás veces creou rivais perigosos (especialmente no Ducado de Borgoña nos séculos XIV e XV).
Durante as guerras de relixión de Francia criticouse con frecuencia a alleación de terras e feudos do dominio real. O edito de Moulins (1566) declarou que o dominio real (definido no segundo artigo como toda a terra controlada pola coroa durante máis de dez anos) non podía allearse, excepto en dous casos: con vinculacións, no caso dunha emerxencia financeira, cunha opción perpetua de recomprar a terra, e para formar unha apanaxe, que debería regresar á coroa no seu estado orixinal cando se extinguira a liña masculina.
Tradicionalmente, esperábase que o rei mantivera as súas necesidades vitais a partir das rendas xeradas polo dominio real, pero as necesidades fiscais, especialmente en tempos de guerra, levaron aos reis a promulgar impostos "especiais", como a taille, sobre a totalidade do Reino (a taille fíxose permanente en 1439).
Ao comezo do reinado de Hugo Capeto, o patrimonio da coroa era extremadamente pequeno e estaba formado, en esencia, por unha serie de posesións dispersas nas rexións da Île-de-France e o Orleanesado (Senlis, Poissy, Orléans), con outras bolsas illadas, como Attigny. Estas terras foron en gran medida a herdanza dos robertianos, os directos antecesores dos capetos.
o rei pasou gran parte do seu reinado pacificando e consolidando o dominio real combatendo algúns señores feudais (os señores de Montlhéry, de Coucy, de Puiset, de Crécy...)
1191: á morte de Filipe de Alsacia, conde de Flandres, o condado de Artois e as súas dependencias, a herdanza da raíña Isabel de Henao, entregáronse ao príncipe Lois. Estas zonas non se integrarían no dominio real ata 1223 cando Lois se converteu en rei.[10]
1208: La Ferté-Macé confiscada por Guillerme IV de Ferté-Macé
1220: o condado de Alençon únese ao dominio real en ausencia dun herdeiro masculino ao conde Roberto IV (o condado é vendido pola vizcondesa de Châtellerault).
1225: no seu testamento, Lois concede a apanaxe de Artois e a herdanza da súa nai ao seu segundo fillo Roberto; Poitou e Auvernia ao seu terceiro fillo Afonso; e Anjou e Maine ao seu carto fillo Xoán (debido á morte de Xoán, estas posesións irían ao sétimo fillo de Lois, Carlos).[11]
1284: matrimonio de Filipe o Fermoso, futuro rei de Francia, coa raíña Xoana I de Navarra, condesa de Champaña. O condado de Champaña viuse así reunido co dominio real (feito oficial en 1361)
1350–1360: despois da morte de Raúl II de Brienne, conde de Guînes e condestable de Francia (decapitado por traizón), o condado de Guînes queda confiscado. Será cedido aos ingleses no tratado de Brétigny.
1498: a coroación do novo rei levou as apanaxes Valois (alleada en 1386?) e Orléans (alleada en 1392) de novo ao dominio real, e o condado de Blois queda integrado ao dominio real por vez primeira.
1498: o segundo matrimonio do rei coa duquesa Ana da Bretaña continúa como a unión persoal da Bretaña ao reino que fora interrompido cando Ana, de viúva, afirmou a independencia da Bretaña.
1498: á morte de Odet de Aydie, o condado de Comminges (transferido en 1462) volve á coroa.
Desde o reinado de Francisco I, o concepto de "dominio real" comeza a coincidir co reino francés en xeral; a apanaxe da Casa de Borbón, aínda así, continuou alleada.
1547: por vez primeira o título de duque da Bretaña e rei de Francia outórganse ao mesmo descendente primoxénito masculiño. Isto marca o paso final na unión persoal da Bretaña con Francia.
1620: O rei emite un edito, incorporando o reino de Navarra á coroa de Francia. En diante, mentres algunhas prerrogativas e o nome se mantiveron, o reino de Navarra (Baixa Navarra e Bearn) xa non foi nunca un reino separado.
Notas
↑Jean-François Sirinelli, dir. e Daniel Couty, conselleiro ed. (1999) : "domaine royal"Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en Dictionnaire de l'histoire de France. Volume 2 A-J. Paris: Armand Colin. ISBN 978-2-0350-5085-4, p. 367. Consultado o 30 de novembro de 2017.
↑Charansonnet, Alexis (2006): "domaine royal" en Jean-François Sirinelli (dir.) Dictionnaire de l'histoire de France. Paris: Larousse. ISBN 978-2-0358-2634-3, p. 268. Consultado o 30 de novembro de 2017.