A tempada 2013-2014 da División de Honra B foi a décimo sexta edición da segunda competición de liga do rugby en España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby. Foi a primeira edición trala ampliación do torneo, que pasou de contar cunha fase de liga regular dividida en dous grupos xeográficos (norte e sur) a ter tres grupos (norte, este e sur). Trala primeira fase de liga regular levouse a cabo unha fase de ascenso e promoción para os equipos das partes altas e baixas da táboa, que culminou cunha final que definiu o título de campión e o ascenso directo.
Fase de liga regular
Grupo A
Grupo B
La Vila sancionado con 2 puntos.
Grupo C
Clasificados para a fase de ascenso (1º e 2º). Posición de promoción de permanencia (8º e 9º).
|
PX - Partidos xogados PG - Partidos gañados PE - Partidos empatados PP - Partidos perdidos
|
PF - Puntos a favor PC - Puntos en contra B - Puntos bonus
|
|
Fase de ascenso
Os seis equipos clasificados para a fase de ascenso foron encadrados por sorteo en dous grupos de tres equipos cada un. Cada liguiña contou con catro xornadas nas que cada equipo xogou fronte ós seus dous rivais de grupo dúas veces, unha como local e outra como visitante. Os líderes de cada grupo acadaron unha praza na final do torneo.
Grupo 1
Grupo 2
Na final o F.C. Barcelona bateu por 40-21 ó C.R. Sant Cugat acadando dese xeito o título de campión e o ascenso directo á División de Honra. Pola súa banda o Sant Cugat, como subcampión da categoría de prata, disputou unha eliminatoria de promoción fronte ó Vigo R.C., gañando o primeiro encontro como local por 29-10, e perdendo o encontro de volta como visitante por 38-11, acadando así o club galego a permanencia na máxima categoría.
Nas eliminatorias de promoción entre División de Honra B e Primeira Nacional acadaron a permanencia o BUC, o Poble Nou e o Granada, e descenderon de categoría o Bilbao e o Sanse Scrum.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos