A tempada 2000-2001 da División de Honra B foi a terceira edición da nova segunda división do rugby en España, creada dous anos atrás pola Federación Española de Rugby co nome de "Campionato de Liga Nacional Primeira Especial".
Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contando cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.
Os dez equipos participantes foron o Cisneros, CAR, CAU Valencia, CRAT, Montjuic e Valencia participantes na edición anterior; o Arquitectura e CDU Granada descendidos da División de Honra; e o ADUS e Les Abelles ascendidos da Primeira Nacional.
A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Clasificación
Posicións de ascenso directo (1º e 2º). Posicións de descenso directo (9º e 10º).
|
PX - Partidos xogados PG - Partidos gañados PE - Partidos empatados PP - Partidos perdidos
|
PF - Puntos a favor PC - Puntos en contra
|
|
O campión da categoría foi o C.A.U. Valencia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos