A tempada 2009-2010 da División de Honra B foi a duodécima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.
Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España e Madrid.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha eliminatoria de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo na que os gañadores acadaron o ascenso directo. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia entre si e os perdedores outra contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.
Fase de liga regular
Grupo 1
Grupo 2
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). Posición de promoción de permanencia (7º e 8º).
|
PX - Partidos xogados PG - Partidos gañados PE - Partidos empatados PP - Partidos perdidos
|
PF - Puntos a favor PC - Puntos en contra B - Puntos bonus
|
|
Fase de ascenso
C.A.U. Valencia e C. Alcobendas R. acadaron o ascenso directo á División de Honra. Non houbo unha final para definir ó campión da categoría.
Málaga perdeu a categoría ó ser eliminado polo Eibar. Jaén perdeu a categoría ó rexeitar a disputa da eliminatoria pola permanencia contra Durango. Durango mantivo a categoría eliminando a Las Rozas na seguinte eliminatoria, mentres que Eibar foi eliminado por Arquitectura e descendeu.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos