A tempada 2004-2005 da División de Honra B foi a sétima edición da segunda competición de liga do rugby en España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.
Nesta edición o número de participantes medrou de dez a dezaseis, e o formato de competición tivo un troco salientable, xa que o torneo dividiuse en dous grupos de oito equipos cada un. Esta división de natureza xeográfica tivo como obxectivo que os equipos tivesen menos desprazamentos e que fosen máis curtos, para reducir gastos. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España incluíndo a Madrid.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Fase de liga regular
Grupo 1
Grupo 2
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). Posición de promoción de permanencia (7º). Posición de descenso directo (8º).
|
PX - Partidos xogados PG - Partidos gañados PE - Partidos empatados PP - Partidos perdidos
|
PF - Puntos a favor PC - Puntos en contra
|
|
Fase de ascenso
O campión da categoría foi o Ordizia Rugby Elkartea, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista Barcelona Universitari Club.
O Durango e o CAR acadaron a permanencia superando nas eliminatorias pola permanencia ó At.San Sebantián e ó CAR Cáceres respectivamente.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos