Disney's Pocahontas é un videoxogo de plataformas baseado no filme homónimo de 1995. A versión de Genesis / Mega Drive foi desenvolvida por Funcom en contrato con Disney e lanzouse o 1 de xaneiro de 1996. Tivo unha versión posterior para Game Boy desenvolvida por Tiertex Design Studios e estreada o 10 de xuño de 1996, case un ano despois da estrea do filme. Unha versión do xogo para Super Nintendo Entertainment System estaba en proceso, mais cancelouse debido a que o desenvolvemento estaba demasiado atrasado respecto do lanzamento de Genesis.[1]
Modo de xogo
O xogador controla a Pocahontas e Meeko, cambiando entre os dous con frecuencia para superar obstáculos, coa axuda de Flit como NPC. Ao longo do camiño, o xogador gaña varias habilidades novas dos espíritos animais. O xogo segue a trama do filme, mais con moitas variacións de situacións e acontecementos.
Acollida
A versión Genesis foi moderadamente ben recibida pola crítica. Os catro revisores de Electronic Gaming Monthly criticaron os controis pero eloxiaron os gráficos e especialmente o innovador e desafiante deseño dos crebacabezas.[4] GamePro, pola contra, considerou que os crebacabezas eran sinxelos e pouco interesantes, mais que isto era axeitado para o público obxectivo do xogo e tamén eloxiou os gráficos.[5]
Notas