Discos da máquina foi unha asociación de grupos musicais de diferentes estilos que funciona como selo discográfico e distribuidora. Foi creada en decembro de 2012, e funciona de forma autoxestionada e asemblearia. Os grupos unidos a este proxecto utilizan licenzas abertas.
En decembro de 2013 os grupos pertencentes á asociación son Ataque Escampe, Das Kapital, Grampoder, Caxade, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo e The Lost Omelette-makers.
Véxase tamén
Ligazóns externas