Das Kapital foi un grupo de música de Compostela activo entre 2011 e 2015. Debe o seu nome á obra Das Kapital de Karl Marx. Está formado por Daniel Salgado, O Leo, Tomás e David Ageitos e Marcos Payno.
Características
O seu debut aconteceu interpretando en directo a súa adaptación do poema "Narcisismo" de Lois Pereiro nunha homenaxe á formación coruñesa Radio Océano (grupo no que militaba o seu irmán Xosé Manuel Pereiro) que se celebrou na Sala Nasa.
O Leo é o cantante, pero cunha faciana totalmente afastada da súa vertente de cantautor punk como O Leo i Arremecaghona. O núcleo principal complétano o poeta, ideólogo e xornalista Dani Salgado e o compositor e arranxador Marcos Paino, que se encarga de sintetizar unha agrupación con actitude e pensamento propios, cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante. As súas composicións procuran a axitación de quen escoite as cancións, cunhas letras provocativas.
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas