Caxade é proxecto musical de indie-folk do músico galego Alonso Caxade que comezou no ano 2012. Os seus traballos están editados no selo cooperativo Discos da máquina.
Naceu como un proxecto audiovisual a través da publicación das videocreacións "Dança dos Moscas", “Gente Pota” e “Sr. Xorda” con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tania Ameneiro. En 2013 publicou A dança das moscas con Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e o propio Alonso Caxade (voz e acordeón).[1]
Foi nomeado aos Premios Mestre Mateo, foi considerado Mellor Artista 2013 nos XIII Premios Opinión e gañou o Certame Música Xove.
En decembro de 2014 Caxade presentou o seu novo proxecto coa Banda de Música da Bandeira no Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra, interpretando o seu disco A Dança dos Moscas cunha orquestración de Manu Paino. Un ano despois, en decembro de 2015, tamén no Culturgal presentan o CD-DVD A Dança dos Moscas Ao Vivo gravado coa Banda de Música da Bandeira.
Tamén en decembro de 2015 participou no festival Suns Europe en Udine representando a Galiza coa canción "Gente Pota"[2]. En 2016 recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría de folk, mentres que en 2019 recibiu o Premio María Casares á mellor música orixinal por Casa O' Rei, de Ibuprofeno Teatro.
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas