Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A disartria é un problema motor grave da boca e da lingua, que consiste nunha perturbación da articulación dos fonemas producido normalmente por unha lesión do sistema nervioso central. A fala é incorrecta e, a miúdo, inintelixíbel. Preséntase xeralmente en nenos con parálise cerebral. Agás nalgúns casos, a perda da fala vai asociada a alteracións da linguaxe, coma a incapacidade para asociar as pautas motoras e os sons da fala. Existe neste caso correlación coas probas psicolóxicas.