Pouco se sabe dos seus primeiros anos. Era fillo natural de Álvaro Fernandes ou Gonçalves Cão, fidalgo da Casa Real portuguesa.[2] Álvaro Fernandes o Gonçalves Cão, hidalgo de la Casa Real, el mesmo fillo ilexítimo de Gonçalo Cão. Sendo fillo de militar, entrou na mariña aos 14 anos, chegando a capitán en 1480.
Escudeiro da Casa de Xoán II de Portugal,[3] foi enviado por este a varias expedicións. Realizou dúas viaxes de descubrimento da costa suroeste africana, entre 1482 e 1486.
Chegou á foz do río Congo, que sinalou cun padrão ou piar de pedra (que aínda existe, pero só algúns fragmentos) erixido na punta Shark. Cão tamén navegou río arriba,[4] establecendo contacto co reino do Congo até ás fervenzas de Ielala, preto de da actual cidade de Matadi, o límite navegábel, onde erixiu outro padrão. A palabra Matadi significa "pedra" en lingua kikongo. A cidade está construída sobre empinados outeiros. Río arriba hai unha serie de covas, chamadas "rocha de Diogo Cão", nas que hai inscricións feitas polo explorador portugués en 1485 no padrão, para marcar o límite da súa viaxe remontando o río.
Na inscrición deste padrão pode lerse:
"Aquí chegaram os navios do esclarecido rei D. João II de Portugal – Diogo Cão, Pero Anes, Pero da Costa"
Estabeleceu as primeiras relacións co reino do Congo, e, en 1485, chegou ao por el denominado denominado cabo da Cruz (na actual Namibia).[5] Introduciu a utilización dos padrões de pedra, en lugar das cruces de madeira, para sinalar a presenza portuguesa nas zonas descubertas.
Recibiu a mercede dun Escudo de Armas por Carta de 14 de abril de 1484. As Armas que lle foran concedidas son: en verde, con dúas columnas de prata, rematadas cada uuha por uuha cruz en azur e firmadas sobre dous montes, moventes dun terreiro, todo da súa cor; timbre: as dúas columnas do escudo pasadas en aspa e atadas en verde.[6]
Bailey W. Diffie & George D. Winius (1977): Foundations of the Portuguese Empire, 1415–1580.Minneapolis, Minnesota, USA: University of Minnesota Press. ISBN 0-8166-0782-6.
Barros, João de. Décadas da Ásia, Década I. bk. III., esp. cap. 3.
Ruy de Pina, Chronica d'el Rei D. João II.
Garcia de Resende, Chronica.
Luciano Cordeiro (1892): Diogo Cão, en Boletim da Sociedade de Geografia de Lisboa.
E. G. Ravenstein (1900): Voyages of Diogo Cão, & c., en Geog. Jnl. vol. XVI. Tamén en Geog. Jnl. XXXI, 1908.
António da Costa de Albuquerque de Sousa Lara, 2º Conde de Guedes, Vasco de Bettencourt de Faria Machado e Sampaio & Marcelo Olavo Correia de Azevedo (1999): Ascendências Reais de Sua Alteza Real a Senhora Dona Isabel de Herédia Duquesa de Bragança, I, pelos Costados Herédia, Bettencourt e Meneses da Ilha da Madeira. Lisboa: Universitária Editora.