O angolar foi a moeda de Angola entre 1928 e 1958. Subdividíase en 100 centavos ou 20 macutas.
Historia
O angolar introduciuse en 1928 para substituír o escudo angolano. Os billetes cambiáronse cunha taxa de 1 angolar = 1,25 escudos. Con todo, o tipo de cambio co escudo portugués mantívose equivalente, o que indica que os billetes anteriores de Angola se desvalorizaron no marco da reforma sen deixar que o angolar posuíse un "novo valor" máis alto que o escudo. As moedas (todas denominadas en centavos e macutas) non se viron afectados pola reforma, polo que se seguiron emitindo co mesmo deseño e fóronse agregando novos valores. En 1958, volveuse a adoptar o escudo angolano tras un período de tempo durante o que as moedas denominadas en escudos xa comezaran a circular (comezaron a baterse desde 1952).
Billetes
En 1928, a Junta de Moeda presentou billetes (con data de 1926) con denominacións de 1, 2 ½, 5 e 10 angolares, entanto que o Banco de Angola presentou papel moeda con denominacións de 20, 50, 100 e 500 angolares, datados no ano 1927. En 1942, o Governo Geral comezou a imprimir billetes con faciais de 1 angolar e de 2½ angolares. Os billetes de 1.000 angolares foron agregados polo Banco de Angola en 1944 e, finalmente, en 1947 completouse a serie coa introdución dos billetes con valores de 5 e 10 angolares.
Moedas
Ademais das pezas que se atopaban en circulación, con valores de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 centavos, emitíronse moedas redeseñadas e con outros materiais de 10, 20 e 50 centavos entre 1948 e 1950. As primeiras moedas con valor en escudos emitíronse con data de 1952.
Véxase tamén
Bibliografía