Dinastía Hohenstaufen

Dinastía Hohenstaufen
Títulos
FundadorFrederico I de Suabia
Último gobernanteConrado IV de Suabia
Fundación1079
Disolución1268

Os Hohenstaufen ou Staufen, tamén coñecidos como xibelinos, foron unha dinastía de emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tamén foron monarcas dos reinos de Alemaña e de Sicilia.

Historia

A casa de Hohenstaufen era orixinaria da rexión de Suabia, na actual Baviera, por iso os Hohenstaufen tamén se coñecen como os suabos.

O nome de Hohenstaufen adoptárono dun castelo situado entre Göppingen e Schwäbisch Gmünd (Suabia).

A rexión administrativa de Suabia, dentro do Land de Baviera.

O primeiro representante desta liñaxe do que se ten comprobada a súa existencia é Frederico de Büren. O seu fillo Frederico I, primeiro duque de Suabia, casou coa única filla de Henrique IV en 1079, recibindo o Ducado de Suabia, que desta forma foi incorporado aos dominios desta familia. En 1125 herdaron as posesións da dinastía Salia cando se esta se extinguiu.

Os Hohenstaufen intentaron obter a coroa do reino de Alemaña e desde entón mantiveron unha rivalidade constante cos güelfos. Alcanzaron as súas aspiracións cando algúns dos seus membros foron elixidos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de Alemaña (entre 1138 e 1254).

Henrique VI, despois do seu matrimonio coa princesa Constanza de Sicilia, da normanda casa dos Hauteville, apoderouse do Reino de Sicilia, feito que xerou un enfrontamento entre os Hohenstaufen e o papado.

En 1268 morreu decapitado o último dos seus representantes, Conradino.

Membros da dinastía dos Hohenstaufen

Emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de Alemaña

Henrique VI e Constanza de Sicilia.
Postal sobre Hohenstaufen de 1905.

Reis de Sicilia

Duques de Suabia

Emperatrices Romanas

Brasóns

Foi Frederico I o primeiro que usou en heráldica a aguia imperial, un símbolo xa asociado ao Imperio Romano Xermánico. Só a partir do século XIII foron codificadas as regras da heráldica e comezou o uso de superpoñer o escudo da casa á aguia negra imperial (Schwarzer Adler).[1]

O escudo da casa de Suabia era de "ouro con tres leóns negros pasantes". A rama siciliana adoptou unha versión modificada da aguia imperial, substituíndo o campo de oro por un de prata, cunha aguia negra co bico e as patas vermellas.[2]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier Università. ISBN 88-0020-474-0.
  • Odilo Engels (2005): Die Staufer. 8. Auflage. Stuttgart: Kohlhammer. ISBN 3-17-017997-7.

Outros artigos

Ligazóns externas