Dimitri Tiomkin |
Nome orixinal | (ru) Дмитрий Зиновьевич Тёмкин |
---|
|
Nacemento | 10 de maio de 1894 (Xuliano) Kremenchuk, Ucraína (pt) |
---|
Morte | 11 de novembro de 1979 (85 anos) Londres, Reino Unido |
---|
Causa da morte | fratura da anca (pt) |
---|
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
---|
Educación | Conservatório de São Petersburgo (pt) |
---|
|
Campo de traballo | Música cinematográfica |
---|
Lugar de traballo | San Petersburgo Hollywood Estados Unidos de América |
---|
Ocupación | pianista, compositor de bandas sonoras, produtor de cinema, director de orquestra, compositor, arranxador musical |
---|
Período de actividade | 1929 - |
---|
Xénero artístico | Música cinematográfica |
---|
Profesores | Felix Blumenfeld (pt) , Isabelle Vengerova (pt) , Aleksandr Konstantinovitch Glazunov (pt) , Ferruccio Busoni e Egon Petri |
---|
Instrumento | Piano |
---|
|
Cónxuxe | Olivia Cynthia Mary Patch (1972–) Albertina Rasch (1927–1967) |
---|
Pai | Q4468056 |
---|
|
|
|
Sitio web | dimitritiomkin.com |
---|
|
Dimitri Zinovievich Tiomkin, (en ruso, Дмитрий Зиновьевич Тёмкин, en ucraíno Дмитро́ Зино́війович Тьо́мкін), nado en Kremenchuk (hoxe en Ucraína) o 10 de maioxul./ 22 de maio de 1894greg. e finado en Londres o 11 de novembro de 1979 foi un compositor cinematográfico de Hollywood de orixe ucraíno.
Traxectoria
Dimitri Tiomkin naceu no Imperio Ruso nunha familia de orixe xudía.[1] O seu pai, Zinovy Tiomkin foi un recoñecido patólogo e logo un líder sionista. A súa nai, Marie Tartakovskaya,[2] era música e comezou a ensinar piano a Tiomkin de moi novo.
Estudou no conservatorio de San Petersburgo con Felix Blumenfeld e harmonía con Alexander Glazunov, mentor de Sergei Prokofiev e Dmitrii Shostakovich.[3] En 1920, foi un dos principais organizadores de dous espectáculos de masas, o "Misterio do Traballo Liberado" e "O asalto do Palacio de Inverno".[4] Durante a súa etapa en San Petersburgo traballou tocando o piano en numerosos filmes mudos rusos.[3]
Debido a que a revolución diminuíra as oportunidades para os músicos clásicos en Rusia, marchou a Berlín para vivir co seu pai. Mudouse logo a París co seu compañeiro Michael Khariton para tocar xuntos dúos de piano. En 1925 o dúo recibiu unha oferta do produtor teatral Morris Gest para ir aos Estados Unidos e tocaron nos circuítos de vodevil acompañando a compañía de ballet da bailarina austríaca Albertina Rasch. Tiomkin e Rasch casaron en 1927.
Trala caída da bolsa de 1929 reducíronse as oportunidades de traballo en Nova York, polo que Tiomkin e a súa dona marcharon a Hollywood,[5] onde foi contratado para supervisar números de baile en musicais de MGM. O seu primeiro proxecto musical importante foi para Alice in Wonderland (1933).[6] A pesar de traballar nalgúns proxectos cinematográficos o seu obxectivo continuou a ser converterse pianista de concertos ata que rompeu un brazo en 1937 e decidiu concentrarse na composición de bandas sonoras.[7]
Acadou recoñecemento con Lost Horizon (1937), de Frank Capra. Ese ano converteuse en cidadán estadounidense.[8] Na seguinte década continuou a traballar en filmes de Capra.
Durante a súa carreira foi candidato ao Oscar en vinte e tres ocasións.
Filmografía
Notas
- ↑ Stevens, Lewis. Composers of Classical Music of Jewish Descent, Vallentine Mitchell Publ. (2003) p. 50
- ↑ http://oxfordindex.oup.com/view/10.1093/anb/9780198606697.article.1801449
- ↑ 3,0 3,1 Robinson, Harlow. Russians in Hollywood, Hollywood's Russians: Biography of an Image, Northeastern Univ. Press (2007) pp. 130-133
- ↑ James Von Geldern, Bolshevik Festivals (Berkeley, University of California Press, 1993), 157, Katerina Clark, Petersburg, Crucible of Revolution (Cambridge, Mass., Harvard University Press, 1995), 135-36
- ↑ Warren M. Sherk (2003), "Biography: Dimitri Tiomkin" Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine. en "Dimitri Tiomkin: The Official Web Site." Consultado o 4 de setembro de 2010.
- ↑ Allen Hughes, "Dimitri Tiomkin Dies; Wrote Film Scores", The New York Times, 14 de novembro de 1979.
- ↑ Cooke, Mervyn. The Hollywood Film Music Reader, Oxford Univ. Press (2010) pp. 117-136
- ↑ Dominic Power, "Tiomkin, Dimitri" en "film reference". Consultado o 7 de setembro de 2010.
Véxase tamén
Ligazóns externas