Dieudonné Nzapalainga, nado o 14 de marzo de 1967 en Bangassou (República Centroafricana) é un relixioso católico latino, arcebispo metropolitano de Bangui dende 2012, e cardeal dende 2016.
Traxectoria
Naceu en Bangassou o 14 de marzo de 1967. O 9 de agosto de 1998 foi ordenado sacerdote da Congregación do Espírito Santo polo bispo de Bangassou Antoine Marie Maanicus.
O 26 de maio de 2009 foi nomeado administrador apostólico da arquidiocese de Bangui. O 14 de maio de 2012 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Bangui. Recibiu a ordenación episcopal o 22 de xullo do mesmo ano, de mans do cardeal e prefecto da Congregación para a Evanxelización dos Pobos Fernando Filoni.
O 19 de novembro de 2016 o papa Francisco creouno cardeal, co título de cardeal-presbítero de Sant'Andrea della Valle.
Véxase tamén
Ligazóns externas