Diego Quintela

Modelo:BiografíaDiego Quintela
Nome orixinalDiego Quintela Carril
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Arzúa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, xogador de fútbol sala Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol sala Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoÁ-pívot
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
selección de fútbol sala de España

Diego Quintela Carril, nado en Arzúa o 6 de agosto de 1991, é un xogador galego de fútbol sala que xoga como á-pívot no Peñíscola, da Primeira División. Foi internacional coa selección española.

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol sala aos 6 anos nas escolas deportivas de Arzúa.[1] Xogou tamén ao fútbol herba, pero decidiuse polo fútbol sala e aos 15 anos incorporouse ao Riazor FS da Coruña. En 2008 ingresou no equipo xuvenil do Autos Lobelle de Santiago de Compostela, onde axiña comezou a destacar, gañando na súa primeira tempada a Copa xuvenil en Granada.[2] Na final ante o FC Barcelona marcou o 5-5, forzando unha prórroga que permitiu ao Lobelle gañar na quenda de penaltis.[3]

Na seguinte campaña subiu ao filial e comezou a ser un habitual nas convocatorias de Tomás de Dios co primeiro equipo, debutando na Primeira División aos 18 anos, o 10 de abril de 2010, ante o Sala 10 Zaragoza.[3] As súas boas actuacións nese encontro e nos seguintes, nos que compartiu equipo con xogadores como Alemão, Pola, Aicardo, Eka o Leitão, así como na pretempada seguinte, fixeron que fose subido definitivamente ao primeiro equipo en setembro de 2010.[2] Só uns días despois conquistou en Guadalaxara a Supercopa de España, tendo un gran protagonismo. Nas semifinais ante o Gestesa Guadalajara, anotou o 2-2, forzando a prórroga, na que posteriormente venceron os santiagueses cun gol de Aicardo.[4] Xa na final, o Lobelle derrotou ao poderoso Inter Movistar por 3-2, sendo Quintela o autor do terceiro gol compostelán a falta de 40 segundos para o final.[5]

Durante as súas primeiras tempadas no primeiro equipo, o Lobelle, renomeado en 2012 como Santiago Futsal, ocupou as prazas altas da clasificación e disputou o play-off polo título, acadando as semifinais na 2010/11. Con todo, o club experimentou un declive deportivo e institucional a partir de 2013, última ocasión na que xogou o play-off. Ese mesmo ano, e a pesar de levar varios meses sen cobrar, Quintela rexeitou unha oferta do Inter Movistar que lle multiplicaba o salario e decidiu continuar no equipo santiagués. En 2015 fichou polo FC Barcelona, pero na súa primeira tempada xogou cedido no propio Santiago, marcando 28 goles en 28 partidos de liga.

O 23 de abril de 2016 disputou o seu derradeiro encontro co Santiago, fronte ao Santa Coloma no Multiúsos Fontes do Sar, partido no que ademais debutou o seu irmán menor, Daniel. Ese día recibiu unha homenaxe por parte do club, que retirou o dorsal número 23.[3][6] Despediuse despois de oito anos no Santiago Futsal, seis deles no primeiro equipo, co que xogou 150 partidos na elite, marcando máis dun cento de goles.[3]

Na tempada 2016/17 xogou no Barça, co que acabou terceiro na liga regular. Nos play-offs polo título acadou a final, que precisou de cinco partidos, ata que o Inter Movistar conseguiu proclamarse campión.[7] En 2017, Quintela fichou polo Palma Futsal, no que militou durante as seguintes tres tempadas, sendo unha peza importante do equipo nas dúas primeiras, nas que rendeu a un gran nivel.[8] Na terceira delas, pola contra, as lesións obrigárono a pasar un ano practicamente en branco.[8]

En 2020 regresou a Galicia, asinando como novo xogador do Burela Pescados Rubén, da Primeira División.[9] Xogou dous anos no club da Mariña lucense, descendendo á Segunda División ao remate da tempada 2021/22. A continuación fichou polo Peñíscola, onde volveu ter como adestrador ao padronés Santi Valladares. Na súa primeira tempada na Comunidade Valenciana, proclamouse campión da Segunda División, logrando así o ascenso a Primeira.[10] En xaneiro de 2024 gañou a primeira edición da Supercopa Comunitat, despois de derrotar ao Alzira na final, na que marcou dous goles.[11] Con todo, unhas semanas despois sufriu unha grave lesión, coa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.[12]

Selección española

Internacional coa selección española sub-21, o 1 de decembro de 2013 debutou coa selección absoluta, nun partido amigable ante Serbia.[13] Disputou varios partidos máis coa selección durante os seguintes tres anos, todos ás ordes do histórico José Venancio.

Palmarés

Santiago Futsal
Burela
Peñíscola

Notas

  1. Lorenzo Ruibal, Úrsula. "Quintela: “Os nosos obxectivos son os Play Offs, a Copa de España e a Copa Xunta”". Consultado o 24 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Diego Quintela firma tres años y completa el G-14" (en castelán). 6 de setembro de 2010. Consultado o 24 de xaneiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Romero de Paz, Fer (27 de abril de 2016). "Diego Quintela, eterno 23" (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2024. 
  4. "Dani Cabezón no es suficiente para tumbar a un Lobelle superior". Marca (en castelán). 11 de setembro de 2010. Consultado o 24 de xaneiro de 2024. 
  5. "3-2 El Lobelle, campeón de la Supercopa ante el Inter" (en castelán). 12 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2024. Consultado o 24 de xaneiro de 2024. 
  6. García Reigosa, Manuel (23 de abril de 2016). "Diego Quintela: «Sempre serei un de vós»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de xaneiro de 2024. 
  7. "Movistar Inter conquista su cuarta liga consecutiva". El País (en castelán). 20 de xuño de 2017. Consultado o 25 de xaneiro de 2024. 
  8. 8,0 8,1 Canals, Sebastián (30 de xuño de 2020). "Diego Quintela se despide del Palma Futsal en una temporada complicada por las lesiones" (en castelán). Consultado o 25 de xaneiro de 2024. 
  9. "O Burela FS incorpora gol coa fichaxe de Diego Quintela, ex do Palma e do Barça" |url= incorrecto (Axuda). 23 de xullo de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2024. 
  10. "El Peñíscola vuelve a Primera dos años después" (en castelán). 15 de abril de 2023. Consultado o 25 de xaneiro de 2024. 
  11. "Peñíscola FS, primer campeón de la Supercopa Comunitat" (en castelán). 7 de xaneiro de 2024. Consultado o 25 de xaneiro de 2024. 
  12. "Servigroup Peñíscola renueva a Diego Quintela tras su grave lesión". Marca (en castelán). 23 de xaneiro de 2024. Consultado o 25 de xaneiro de 2024. 
  13. "Diego Quintela vestirá hoy por 1.ª vez la camiseta de la Roja absoluta en Serbia". El Correo Gallego (en castelán). 1 de decembro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas