Die Welle (A onda en alemán) é un filmealemán realizado no 2008. Tivo un éxito satisfactorio nas grandes pantallas xermanas, pois despois de 10 semanas en cartel, 2'3 millóns de persoas vírano. A película está dirixida por Dennis Gansel.
Baséase en The Wave, novela de Morton Rhue de 1981, que á súa vez sacara a idea do experimento real da Terceira onda, feito por Ron Jones en 1967, profesor dun instituto de Palo Alto (California).
Sinopse
Durante un proxecto semanal, o profesor Rainer Wenger ensínalle aos alumnos da súa clase o tema da autocracia como forma de goberno. Os estudantes ven imposible a idea de que puidese volver unha ditadura como a do Terceiro Reich na Alemaña, pois a pesar do tempo pasado, hai arrepentimento, e a actual política e as tecnoloxías arbitrarían o proceso dun mandato novo autocrático. O profesor Rainer Wenger decide empezar un experimento cos seus alumnos para demostrar o fácil que é manipular as masas. A través do seu lema: "forza mediante a disciplina, forza mediante a comunidade, forza a través da acción, forza a través do orgullo", e seguindo o profesor un liderado grupal, cada día os alumnos crean unha nova norma. Por exemplo, o profesor logra que todos eles ao entrar na aula, en menos de 30 segundos, estean sentados con actitude atenta, resoltos a iniciar a clase. O interese da forma de como se executaban as clases creceu, facendo que alumnos doutros cursos se cambiaran para este. O popular curso votou chamarse "A Onda", e a medida que pasaban os días, esta comezou a facerse notar mediante fóra das aulas, por detrás do profesor Wenger, que acaba perdendo o control da situación.