O Deutsche Bank Park, usualmente coñecido polo seu nome orixinal, Waldstadion, é un estadio de fútbol da cidade de Frankfurt, en Alemaña. Pertence ó club Eintracht Frankfurt, que xoga a Bundesliga. O primeiro Waldstadion foi inaugurado en 1925 e durante a segunda guerra mundial foi empregado en eventos políticos. En 1974, xogáronse tres partidos do mundial de 1974.
Ten capacidade para 52.000 espectadores. Unha das súas características principais é un monitor central e o teito retráctil, para protección nos días de chuvia (que fallou na final entre o Brasil e a Arxentina da Copa de Confederacións de Fútbol de 2005) ou nos días de moita calor (como no encontro Corea do Sur e Togo, do mundial de 2006). Entre 2005 e 2020 o estadio chamouse Commerzbank-Arena após un contrato de patrocinio co dito banco, pasando posteriormente a adquirir o seu actual nome. Neste estadio xogáronse encontros do Mundial de Fútbol de 1974 e de 2006. Nesa última edición a súa capacidade foi reducida a 48.132 prazas.
No antigo Waldstadion:
Véxase tamén
Ligazóns externas