Dereito das persoas![]() O Dereito das persoas é unha rama do Dereito civil que ten por obxecto a persoa en canto tal e o nacemento, modificación e extinción das situacións xurídicas que lle afecten polo mero feito de selo. Persoa natural ou físicaConsidérase persoa natural a todo individuo da especie humana, sen importar a súa idade, sexo, raza ou condición. A súa existenciaA vida humana sitúase entre dous extremos perfectamente identificables: o nacemento e a morte. Respecto a este último extremo pode aínda chegar a haber incerteza: é o que se coñece no dereito como o desaparecido ou o ausente. O nacementoO nacemento debe ser posto en coñecemento do estado e da sociedade, ao mesmo tempo que constatalo dunha maneira certa. De aí que o articulo 55 do C.C., obrigue ao pai e a nai, ou a calquera deles, a declarar o nacemento, obrigación que se fai extensiva aos avós paternos, e no seu defecto aos maternos. Esta obrigación de declarar o nacemento vese complementada coa imposición de lei que recae nos médicos cirurxián ou matronas que asistirán ao parto. Se a criatura more dentro do ventre da súa nai, reputarase como non haber existido xamais, polo que non se establecerá o nacemento de situacións xurídicas. O domicilioO domicilio dunha persoa física é o lugar onde reside co propósito de establecese nel; a falta deste, o lugar no que ten o principal asento dos seus negocios, e a falta dun e outro o lugar no que se encontre (artigo 29 do C.C.). É conveniente tamén establecer unha diferenza entre unha o domicilio e a residencia. Esta última (véxase ao respecto o artigo 15 do C.F.F.), considérase como unha noción menos abstracta, mais realista que a do domicilio. A residencia é o lugar onde a persoa vive efectivamente, dunha maneira estable e habitual; pero iso non obsta para que a residencia coincida moitas veces co domicilio (como a propiedade coa posesión). O patrimonioA teoría clásica ve o patrimonio como unha emanación da personalidade. Por iso conclúe que toda persoa física ou moral ten un patrimonio, que este é inalienable (salvo por causa de morte), que só as persoas poden ter un patrimonio (principio da unidade do patrimonio). O patrimonio defínese como o conxunto de bens e de obrigacións dunha persoa e considérase como unha universalidade de dereito, é dicir, como unha unidade xurídica. A morteA morte marca a extinción da personalidade, e por ser un acontecemento de importante capital, debe tamén ser posta en coñecemento do estado e da sociedade. A acta de defunción é o último dos actos do estado civil das persoas. A lei categoricamente prohibe a inhumación ou cremación sen autorización escrita dada polo xuíz do Rexistro Civil, quen deberá asegurarse suficientemente do falecemento con certificado expedido por médico legalmente autorizado. Non se procederá a inhumación ou cremación senón ata despois de que transcorran 24 horas do falecemento, excepto nos casos en que ordene outra cousa a autoridade que corresponda. O dereito das persoas na lexislaciónEn EspañaIdentificaremos as institucións históricas que regula o Dereito Civil:
Véxase taménBibliografía
|