Derbyshire é un condado do Reino Unido, situado no centro de Inglaterra. Ocupa unha área de 2.625 km², e a súa poboación estimada en 2010 era de 1,010.600 habitantes. A sede do goberno está na vila de Matlock, situada no distrito de High Peak, malia que a cidade máis poboada do condado, e da cal recibe o seu nome, é Derby.