Deputación de LeónA Deputación de León (en castelán: Diputación de León) é o órgano institucional propio da provincia de León e ao que corresponden diversas tarefas administrativas e executivas. Engloba a todos os municipios da provincia e entre as súas funcións máis importantes atópase a de dotar de infraestruturas ás localidades da provincia así como ao seu desenvolvemento. A Deputación Provincial ten a súa sede no Palacio dos Guzmanes, situado na Praza de San Marcelo da cidade de León. O 12 de maio de 2014 foi asasinada a Presidenta da Deputación, Isabel Carrasco[1], cando se dirixía a un mitin para as Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014. Presidentes
NotasVéxase taménLigazóns externas
Information related to Deputación de León |