Delbert Martin Mann, Jr., nado en Lawrence (Kansas) o 30 de xaneiro de 1920 e finado nos Ánxeles (California) o 11 de novembro de 2007, foi un director de cinema e televisión estadounidense.
Traxectoria
Foi piloto de combate durante a segunda guerra mundial, trala que marchou a estudar teatro. Ao graduarse comezou a dirixir para a televisión. Co seu primeiro filme, Marty, gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes e mailos Óscar ó mellor filme e ao mellor director. É a única película en conseguir estes premios. Tamén foi a primeira película baseada nun telefilme que gañou o Óscar principal.
Finou de pneumonía en 2007.
Obra
Véxase tamén
Ligazóns externas