David Attenborough: A Life On Our Planet |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | David Attenborough: A Life On Our Planet |
---|
Produtor | Alastair Fothergill Keith Scholey Colin Butfield |
---|
Intérpretes | David Attenborough (narrador) |
---|
Música | Steven Price |
---|
Fotografía | Gavin Thurston |
---|
Montaxe | Martin Elsbury |
---|
Estudio | Altitude Film Entertainment Netflix Silverback Films |
---|
Distribuidora | Netflix |
---|
Estrea | 4 de outubro de 2020 |
---|
Duración | 83 minutos |
---|
Orixe | Reino Unido |
---|
Xénero | Documental |
---|
Na rede |
---|
|
David Attenborough: A Life On Our Planet é un filme documental[1] británico de 2020 narrado por David Attenborough.[2] O filme serve como un "testemuño",[3] a través do cal Attenborough comparte de primeira man as súas preocupacións sobre o estado actual do planeta por mor do impacto na natureza e as súas esperanzas para o futuro.[4] Estreouse a través de Netflix o 4 de outubro de 2020.[5]
Acollida
O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Patrick Cremona de Radio Times concedeulle cinco de cinco estrelas, encontrándoo "moi diferente" dos traballos anteriores de Attenborough e louvando a súa "mestura" dunha "condena arrepiante" do trato que os humanos lle dan ao mundo natural, e dun "manifesto esperanzador e inspirador" de como afrontar a crise climática.[6] Dándolle catro de cinco estrelas, Ed Potton de The Times aprobou a descrición dos animais e o "intimismo" e "autoridade" da narración de Attenborough, mais suxire que podía terse visto máis da vida persoal de Attenborough.[7] Emma Clarke de Evening Standard considerou o filme como "esencial de ver".[8] Natalia Winkelman de The New York Times eloxiou a "abraiante fotografía da natureza" e a xustaposición entre ecosistemas vizosos e moribundos.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas