Estableceuse como médico en Tui e dende 1933 a 1936 ocupou a praza de tisiólogo no Centro Secundario de Hixiene Rural da Guarda. Tamén foi profesor auxiliar da cátedra de Ciencias Naturais no Instituto de Tui. En 1942 estableceuse a Vigo onde foi médico en Pescanova e outras entidades.
Faleceu na súa clínica da rúa Marqués de Valadares cando agardaba polo primeiro paciente da tarde, e foi soterrado no cemiterio de Pereiró.[1]
Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Academia de Medicina de Sevilla.
A súa tese de doutoramento (1960) está dedicada a Francisco Sánchez e en 1964 publicou o libro Francisco Sánchez, “El escéptico”. Un gallego precursor. Tamén publicou traballos sobre a época de guerra civil na comarca do Baixo Miño: "Historias de la retaguardia nacionalista" na revista Historia y vida (1975), e unha serie de artigos en La Voz de Galicia titulados "Historias de fuxidos".
Notas
↑"Ayer falleció en Vigo Darío Álvarez Blázquez". La Voz de Galicia. 8 de xuño de 1979.