Alvaro Álvarez Blázquez , nado en Tui o 28 de outubro de 1921 e finado en Vigo o 20 de xuño de 2005 , foi un editor galego .
Traxectoria
Familia Álvarez Blázquez. De esq. a der.: Celso, o pai Darío Álvarez Limeses , Darío , a nai María, Álvaro , Alfonso, Emilio e Xosé María de pé.[ 1]
Fillo de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester, irmán de Darío e Xosé María Álvarez Blázquez . Traballou no Instituto Social da Marina.
Experto en serigrafía . Foi cofundador xunto cos seus irmáns Emilio e Xosé María de Edicións Castrelos , onde facía os deseños de portadas e maquetas de libros.
Finou en Saiáns o 20 de xuño de 2005.[ 2]
Vida persoal
Casou con Blanca Fernández Feijóo e foi pai de Álvaro , Xavier, Fernando, Blanca, María e Xenoveva Álvarez-Blázquez Fernández.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes . Pontevedra: Deputación Provincial. p. 35. ISBN 978-84-8457-448-4 .