Daniela Bianchi

Modelo:BiografíaDaniela Bianchi

(1963) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, concursante en certames de beleza, modelo, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 1970 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0000938 Allocine: 72873 Allmovie: p6063 BNE: XX1514936 Editar o valor en Wikidata
Daniela Bianchi entre Richard Chamberlain e Raymond Massey en 1964.

Daniela Bianchi, nada en Roma o 31 de xaneiro do 1942, é unha actriz italiana. Foi segunda no concurso de Miss Universo en 1960, acadando sona pola súa beleza e mais pola súa actuación nun dos filmes da saga de James Bond no 1963.

Traxectoria

Naceu durante a segunda guerra mundial. Fixo un par de filmes na súa terra natal antes de ser escollida Miss fotoxénica pola prensa do seu país no 1959. Presentouse ao concurso Miss Universo no 1960 e chegou á final.

Os produtores da serie Bond, procuraban á intérprete de Tatiana Romanova no filme Desde Rusia con amor (1962), e chamaron a un casting a Bianchi, quen resultou escollida pola súa beleza e encanto, precisos para interpretar o personaxe clave do filme. O único detalle foi a súa voz, que non concordaba coa imaxe da axente rusa que interpretaba, polo que tivo que ser dobrada. A actuación de Bianchi resultou convincente e o filme tivo grande éxito.

Despois do filme Bianchi fixo algúns filmes máis ben discretos, até 1968, no que se adicou a outra actividade. Só no 1990 apareceu nunha parodia de James Bond, xunto ao irmán de Sean, Neil Connery en Operación 000.